Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Despois do ano 2005 organizar a Asociación Niño do Vento deste concello de Teo unhas xornadas sobre Constante Liste, Tenente de Alcalde a altura do ano 1936, encadeado e asasinado, sen que ata a data aparecera o seu cadáver, un grupo plural de veciñas e veciños que colaboraron na organización destas xornadas, atendendo ao interese que espertou a súa celebración, decidiron fundar A Oliveira e poñerse a traballar nos eidos de defensa do Patrimonio e de recuperación da Memoria Histórica de Teo e comarca, infelizmente silenciada e manipulada desde os anos do fascismo ate hoxe..

A Oliveira é o nome do lugar onde apareceron tres cadáveres de “paseados” nos anos da guerra.

Presidenta: María Luísa Miras Gómez

Vicepresidenta: Pilar Buela Piedra

Secretario: Xosé Luís Santos Cabanas

Tesoureiro:José Salvador Pardo Martínez

Enderezo:
Ameneiro, Calo, 15866, Teo.

Teléfonos:
678 938 368
656 958 265
981 805 601

· E-mail:
memoriateo@gmail.com

· Web:
www.memoriateo.blogspot.com

http://memoriateo.blogspot.com/

Email: memoriateo@gmail.com

Páxina web: http://www.memoriateo.blogspot.com/

 

Noticias desta asociación

Os colectivos `A Oliveira´ e `Sinhor Afranio lembran o alcalde de Carbia do 1936

Os colectivos `A Oliveira´ e `Sinhor Afranio lembran o alcalde de Carbia do 1936

A asociación A Oliveira, de Teo, e a Comisión pola Memoria Sinhor Afranio lembran a figura de Benjamín Salgado Uribe, que foi alcalde do concello de Carbia (actual Vila de Cruces) no ano 1936, na Sala Multimedia do Auditorio Municipal `Xosé Casal´ de Vila de Cruces, o vindeiro sábado 19 de abril, ás 20,30 horas.

Neste acto, o público asistente poderá facerse co número dous da `Voandeira´ da Oliveira, monográfico dedicado a este alcalde natural de Teo, e falarán Ramón Arufe, que estudou a figura de Benjamín Salgado Uribe, e Manuel Igrexas, profesor e historiador, que investigou a fondo a época republicana e a represión posterior ao ano 1936 na comarca do Deza.

Benjamín Salgado Uribe naceu no ano 1889 en Vilar, parroquia de Cacheiras, concello de Teo. Foi o quinto dos fillos da mestra Marcelina Uribe e do médico Fernando Salgado.

Como tantos galegos, Benjamín coñeceu a emigración. Traballou en La Habana, e percorreu América, desde os Estados Unidos até Bos Aires, traballando de xornalista. Ao regreso a Galicia instalouse en Arzúa, onde abriu, en sociedade coa súa familia, un coñecido almacén de tecidos e gañou o aprecio dos seus veciños.

Despois da morte do seu pai, instalouse, cun seu irmán, en Vila de Cruces, onde abren un ultramarinos. Como viña facendo en Arzúa, participa no rico tecido asociativo da II República. Como consecuencia do trunfo do Frente Popular foi elixido alcalde.

Despois da rebelión militar do 18 de xullo, o mesmo día 19 trasládase a Pontevedra, xunto con cargos sindicais e políticos do Deza, a recibir instrucións do Gobernador provincial. En vista de como se desenvolvían os acontecementos, teme pola súa vida e decide agocharse, primeiro en Compostela e despois en Arzúa. No seu refuxio enferma da tuberculose que lle causará a morte no ano 1950, apenas catro anos despois de ser indultado do delito de "rebelión militar" que el, obviamente, non cometera.

16 de abril de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez